Friday 03 de May de 2024

Laxe convértese nun auténtico referente de Cultura e Igualdade da man da Deputación da Coruña


• O alcalde fixo de anfitrión da deputada María Muíño e da presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo, no percorrido polo Paseo Marítimo de Laxe e na súa visita ao Museo.

José Luís Pérez, acompañado da concelleira de Cultura, Raquel Lema, e membros do goberno, recibiron esta mañá á deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, María Muiño e á presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo.

O motivo da visita é dar recoñecemento como non pode ser doutra maneira á mostra “ NÓS SOMOS ELAS” de José Vidal García, da que se pode continuar gozando ata o 31 de agosto; esta mostra conta con 24 retratos de mulleres relevantes.

Non se pode estar en Laxe e non visitar o Museo do Mar de Laxe, onde se custodian o arquivo fotográfico Vidal, que se incrementou con 75.000 novas fotografías das décadas dos 60, 70, 80 do terceiro membro desta saga José María Vidal Eiroa, e con esta nova incorporación Laxe conta nestes momentos
con case 140.000 fotografías dos Vidal, sendo as máis antigas de finais do século XIX.

O rexedor agradece a colaboración da Asociación Alexandre Bóveda, e da Deputación da Coruña, que está divulgando por parte da nosa provincia parte desta marabilla.

José Luís Pérez, convida a que todos os visitantes desta marabillosa Vila, gocen destas imaxes, para coñecer aos protagonistas de que Laxe hoxe en día sexa un referente na comarca, e o alcalde aproveita para agradecer esta enorme achega que os Vidal, están a deixarnos gozar, José Luís di, “se é certo
que unha imaxe, vale máis que mil palabras, canto non valerán, cento corenta mil”.